contacto

I     Portada     I     El Partido     I     Ideología     I     Historia     I     Actividades     I     Prensa     I     CAMPAÑA2008

 

 
 
Celeste Carilao, representante do pobo mapuche
“Somos un pobo, unha nación: temos un territorio e un idioma”
 
· Atópase de viaxe por Galiza convidada pola Mesa, para recoller experiencias que permitan reinvindicar a normalización da lingua do seu pobo. «Basicamente interesa coñecer experiencias que poidan adaptarse ao noso idioma. Antes estiven en Bretaña e Euskal Herría», di. Pertence ao partido político mapuche Wallmapuwen. .

MIERCOLES 2 DE MAYO DE 2007


amulzugun / + noticias
 

 

 

ver archivo

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

SANTIAGO DE COMPOSTELA.- Representantes do pobo mapuche -situado entre Chile e Arxentina- tomarán como exemplo a Mesa pola Normalización Lingüística coa intención de defender a súa propia lingua, e de paso, pór en marcha unha institución similar no seu territorio, segundo anunciou onte en Santiago a portavoz do grupo, Celeste Carilao.

Carilao -representante do partido Wallmapuwen (Compatriotas do País Mapuche)- chegou a Europa, concretamente a Paris, Francia, o pasado 22 de maio. Despois de visitar Bretaña e o País Vasco atópase en Galicia co obxectivo de coñecer asociacións como a Mesa pola Normalización Lingüística e experiencias de rehabilitación para trasladalas ao seu territorio.

Os mapuche son un dos pobos orixinarios con maior poboación de América. O Wallmapu ou o País Mapuche está situado entre Chile e Arxentina e ten unha poboación superior a 730.000 persoas cunha comunidade de falantes que chegan até as 100.000 persoas.

Nunha roda de prensa celebrada onte na sede compostelá da Mesa pola Normalización Lingüística, Carilao afirmou que o obxectivo final deste percorrido é tomar exemplo da Mesa pola Normalización Lingüística para tentar crear un organismo análogo no seu territorio. Deste xeito, quedaría conformada unha organización en defensa da lingua mapunzugun. A maiores pretende crear conciencia lingüística no seu país, a través dunha gramática coa que poder aplicar a ensinanza do mapuche nas escolas.

"As cousas son posibles a pesar das dificultades"

Segundo a representante mapuche "esta xira confirmoume que as cousas son posibles a pesar das dificultades que se poidan ter", porque "vin como estes pobos que visitei teñen un idioma que igual que o noso foi minorizado", en referencia á situación do galego na comunidade. Con todo, Carilao celebrou "que puideran levantar ese idioma e rehabilitalo".

O acto foi presentado polo presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, Carlos Callón, quen afirmou sentirse moi agradecido polo feito de que "unha organización como é a nosa sexa tomada como un referente á hora de crear estruturas semellantes noutros países".

Callón manifestou que "é moi importante o recoñecemento da pluralidade lingüística e cultural do planeta", posto que hoxe en día dáse unha situación social na que "moitos estados se nos presentan como monolíticos", pero en realidade "non existe esa tal uniformidade".

Como exemplo, o máximo responsable da Mesa citou estados como Chile ou Arxentina, nos que existen "pobos negados, cunha lingua negada pero que son tenaces e que reclaman o seu dereito a seguir existindo como é o caso do Pobo Mapuche", sinalou Callón. O Goberno chileno, malia ter implantado un plan de "educación básico intercultural bilingüe, só forma en cuestións de cultura xeral e mostra o mapuche cunha imaxe folclorizada", denunciou Carilao.

A Mesa pola Normalización Lingüística ofreceu explicacións a esta representante do partido Wallmapuwen sobre as organizacións que ten repartidas en zonas do país, a Fundación Vía Galego, a Mocidade pola Normalización e outras estruturas coas que traballa. Carlos Callón valora que a situación do mapuzugun pode aproveitar iniciativas galegas como a das Irmandades da Fala, da segunda década do século pasado.

Celestina Carilao manifestou a intención de manter relacións fluídas no futuro e unha retroalimentación mutua. A Mesa publicou en maio un documento que divulga a situación lingüística do país mapuche.

"Somos un pobo, unha nación"

Celeste Carilao é representante do partido político mapuche Wallmapuwen, que representa un pobo cunha lingua, cultura e territorio propios pero non recoñecidos oficialmente, e dividido entre dous estados: Chile e Arxentina. Carilao estivo viaxando por Europa durante estes últimos días para coñecer a situación que viven outras linguas e culturas minorizadas e poder aplicar as experiencias no seu país.

A súa viaxe comezou na Bretaña, logo no País Vasco e finalmente en Galiza, onde remata o seu percorrido. Convidada pola Mesa pola Normalización Lingüística, Celeste Carilao participa nunha conferencia o sábado á mañá, co obxectivo de difundir a situación que vive a súa nación e para tentar crear en Wallmapu unha asociación semellante á Mesa. Aló hai sete ou oito normativas diferentes, o que dificulta e entorpece o proceso.

Vieiros: Cal é a situación da lingua mapuche no seu país?


Celeste Carilao: A situación é bastante complicada. Cada vez hai menos falantes. Dunha poboación de 600.000 habitantes só a falan 100.000 persoas, aproximadamente. A maioría son persoas adultas, de a partir dos 30 anos. As novas xeracións xa case non a falan. Non estamos recoñecidos como pobo polo estado chileno, e moito menos como idioma. Agora está a retomarse a reivindicación como pobo. Até agora o idioma era algo instrumental e o máis importante era recuperar a terra. Pero cada vez vai acadando máis prestixio.

V: Agora que está de visita no noso país, como ve o status do galego?


C. C.: Creo que hai máis avance en Galiza, porque a lingua ten un instrumento xurídico. Nós non. Estamos aínda comezando, porque a historia do pobo mapuche foi moi triste, dende a ocupación do territorio por Chile e Arxentina. Os movementos están tendo cada vez máis forza. É algo recente.

V: Cando comezou ese rexurdimento do mapuche?


C. C.: Despois da ocupación, denominada “pacificación” en Chile, comezaron a aparecer organizacións, que existiron até o goberno de Salvador Allende. Logo chegou a ditadura, que provocou a súa desaparición. Coa volta da democracia, a comezos dos 90, o movemento mapuche volveu cobrar forza. Antes era un movemento puramente indíxena, pero agora é máis nacionalista. Somos un pobo, unha nación. Temos un territorio, un idioma, e resistimos aos estados de Chile e Arxentina.

V: Hai algún paralelismo entre o galego e o mapuche?

C. C.: Aquí hai moitos avances na normalización, porque hai unha norma. Aló hai sete ou oito normativas diferentes, o que dificulta e entorpece o proceso. Aquí xa se deu ese paso. Tamén hai un movemento social e iso é o que temos que facer aló. Paisajísticamente parécese ao noso territorio en que é moi verde, fermosa. A xente é amable, acóllenme moi ben. O noso pobo antes era territorio único, niso somos máis parecidos ao pobo vasco, tamén repartido agora entre dous Estados.

V: Das experiencias que viu na súa viaxe, cales poderá aplicar no seu país?


C. C.: Comecei na Bretaña, logo en Euskal Herría e agora aquí. O domingo regreso a Wallmapu, o territorio mapuche. Eu falei da situación en Chile. En Arxentina é diferente: hai menos mapuches e o movemento nacionalista é máis recente. A idea é coñecer experiencias, e creo que no caso de Euskal Herría hai moitas organizacións que traballan a un nivel moi avanzado. Descubrín un bo panorama de por onde poderiamos comezar. Agora sei que o que queremos facer pódese facer.

FUENTE: www.vieiros.com

 

 

Volver Portada

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

© 2008 Partido Mapuche Wallmapuwen